Lightning Bolt

Lightning Bolt
OrixeProvidence, Rhode Island, Estados Unidos
Período1994 - presente
Xénero(s)noise rock, rock experimental
Selo(s) discográfico(s)Load Records, Thrill Jockey
MembrosBrian Chippendale
Brian Gibson
Antigos membrosHisham Bharoocha
Na rede
http://www.laserbeast.com/
Facebook: 12838367045 Bandcamp: lightningbolt Spotify: 2og3FOCLYXT9H7IYE6QPUq Last fm: Lightning+Bolt Musicbrainz: 978a36f7-85c6-44ca-a02e-7564e8fa8284 Songkick: 36047 Discogs: 100437 Allmusic: mn0000825209 Genius: Lightning-bolt Editar o valor em Wikidata

Lightning Bolt é un dúo de noise rock estadounidense procedente de Providence, Rhode Island, composto por Brian Chippendale na batería e nas voces e Brian Gibson no baixo. O grupo formouse no ano 1994 cando os seus membros, por aqueles tempos un trío, asistían á Rhode Island School of Design. A banda asinou co selo Load Records en 1997, e editou o seu álbum de estrea ese mesmo ano.

En total, Lightning Bolt leva editados sete álbums de estudio, varios sinxelos en vinilo e ten aparecido nun feixe de recompilatorios. Lightning Bolt son coñecidos polos seus directos, onde adoitan a tocar no chan en vez de nun escenario, co público ao redor deles cun son excesivamente alto e agresivo. A banda foi incluída no oitavo lugar da lista de Metacritic dos mellores artistas da década de 2000-09.[1]

  1. "Ten Years of Metacritic: The Best Music of the Decade". Metacritic (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2023. Consultado o 2023-04-20. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy